Sobre nós

A orixe

A idea xurdiu fai algúns anos cando, como resultado do noso traballo como programadores de sistemas, decatámonos de que non se estaban aproveitando ao 100% as funcionalidades que presenta o cloud e que a repetitividade nos procesos nos facía perder moito tempo. Por iso decidimos crear a nosa propia solución, adaptando a infraestructura a cada cliente e mellorando os tempos de entrega grazas á containerización e á automatización de tarefas.

En PREFAPP combinamos a nosa longa experiencia traballando como arquitectos de sistemas e as últimas técnicas de xestión de configuración para ofrecerche infraestructuras containerizadas, escalables e seguras.

Céntrate na túa aplicación!


Equipo

Javier Gómez

Javier Gómez

Fundador & encargado de negocio

Programador e administrador senior en Linux con máis de 10 anos de experiencia

Francisco Maseda

Francisco Maseda

Fundador & encargado de produto

Máis de 8 anos de experiencia deseñando e programando sistemas

Isabel Rey

Isabel Rey

Encargada de comunicación

Deseñadora web experta en comunicación audiovisual e marketing




¿Queres participar?

Se che interesa o proxecto e queres formar parte do equipo
escríbenos e poñerémonos en contacto contigo


Ou se o prefires, envíanos o teu CV

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de usuario. Ao seguir navegando aceptas as cookies e a nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies