wizard_3_pasos

Con PREFAPP Docker ao teu alcance


Independencia

¡Non te ates con ninguén! Poderás mover as túas aplicacións entre entornos e provedores facilmente e axilizar o teu fluxo de traballo

Sinxeleza

Céntrate na túa aplicación e despreocúpate da infraestructura! En tres simples pasos poderás lanzar a túa aplicación no entorno que prefiras

Axilidade

Conxugamos a flexibilidade dos contedores coa expresividade e versatilidade que ofrecen os sistemas de infraestructuras como código para que os teus servicios sexan escalables e poidan ir ata o infinito e máis alá!

Seguridade

As nosas arquitecturas son públicas e elaboradas coas mellores prácticas. Poderás ver e auditar o software co que se constrúen os teus servizos! Empregamos compoñentes ailladas que nos permiten minimizar o risco de intrusión

CARACTERÍSTICAS

PANEL DE CONTROL SINXELO

Ofrecémosche un panel intuitivo e cómodo para que o teu traballo sexa un pracer. Namórate do sinxelo!

VARIEDADE DE PROVEDORES

Escolle entre os principais provedores na nube ou emprega a túa propia infrestructura

ARQUITECTURAS ESCALABLES

Infraestructuras preparadas para medrar en función das necesidades que teñas en cada momento

CÓDIGO ABERTO

Sente a liberdade de traballar con código aberto e de formar parte dunha enorme comunidade sempre alerta

SOPORTE

Atención personalizada. Co noso sistema de tickets resolver unha incidencia será coser e cantar!

E PROXIMAMENTE...

Gozarás de funcionalidades extra: backups, monitorización, arquitecturas a medida...

Queres probar o servicio?

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de usuario. Ao seguir navegando aceptas as cookies e a nosa política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies